
Menuda decisión. O pícaro comeza a súa vida escolar, tres anos recén feitos, e vémonos elexindo entre a asignatura de relixión e unha imprecisa "alternativa á relixión". Esto nos obriga a posicionarnos sobre un tema que sempre discutimos desde unha cómoda terceira persoa.
No noso entorno, que os pais crentes apunten aos seus fillos na asignatura de relixión é un feito indiscutible. Incluso os non crentes o fan maioritariamente.
En tempos, lembro, na parroquia existía un grupo especial para os que daban ética no instituto. E logo fíxouse a obligatoriedade de apuntarse a relixión na escola para asistir á catequese. "Por coherencia" é o argumento. O pasado domingo, un sacerdote ao que teño en gran estima defendía a asignatura desde o púlpito, "porque os cristiáns debemos coñecer a nosa historia". Ademáis, suman uns cantos os amigos que son, ou foron, mestres de relixión. Todo esto pesa á hora de elixir.
É certo que na nosa vida de cristiáns, a nosa liberdade vese acurralada ás veces por condicionantes de diversa índole. A loita pola coherencia de vida é unha loita diaria. O que máis custa é cando esa loita se fai fronte á nosa propia Igrexa.
Nos sentamos un intre. ¿Que facemos?
A nosa idea é que non. Que a escola pública non é lugar para unha asignatura de relixión católica. Porque é pública, e polo tanto aconfesional e para todos. Cremos que aos pícaros debemos educalos na fe na casa e nas comunidades parroquiais. Para a historia, hai unha asignatura de historia. Para a fe, hai comunidades de crentes.
¡De cantas cousas se ten que espir a nosa Igrexa! Dalgún xeito, manter unha asignatura de relixión católica na escola pública nos parece manter á relixión nese
estatus de idiosincrasia cultural que tanto dano fai ás veces ao evanxeo de Xesús.
¿Coherencia?. Marcamos "alternativa á relixión".