jueves, 22 de octubre de 2009

A Igrexa rica



Un día a Igrexa achegouse a Xesús.
- Mestre - xe dixo - ¿que teño que facer para gaña-la vida eterna?
E Xesús contestou sen moito afán:
- Xa sabes o que din os teus mandamentos: ir a misa os domingos, confesarse, comulgar por Pascua...
Pero a Igrexaa buscaba anotarse un tanto:
- Mestre, esto o vimos facendo desde hai séculos!
Entón Xesús exclamou:
- Ah! Pois logo unha cousa che falta para ser perfecta! Vai, vende todo o que tes, e ven comigo.
Entón a Igrexa baixou a cabeza, deu media volta e marchou avergoñada, porque era moi rica.
Tamén Xesús, volo aseguro, quedou apenado.

viernes, 9 de octubre de 2009

A fe e a historia

O pregunto sen segundas: ¿precisa a fe da historia?

lunes, 5 de octubre de 2009

Sen medo a Deus

Estaba lendo o último número de Cristianismo y Justicia, onde José G. Faus escribe sobre o medo da Igrexa a Xesús. Gustoume ler de xeito tan ben fiado ideas das que temos falado tantas veces de xeito disperso, ao redor dun viño, andando pola rúa, moitas menos veces ao redor do altar. Desto último quero falar, por algo que comenta tamén Faus nese caderniño, unha vez máis dando forma a cousas que de seguro algunha vez falamos, pensamos ou sentimos, aínda sen poñerlle nome.

A liturxia. Tan cercana e tan lonxana. Tan de diario e tan inaccesible. A liturxia é o xeito que temos os homes de relacionarnos con Deus, de falarlle a Deus. En 20 séculos de cristianismo temos feitas moitas tonterías coa liturxia. Desde sacralizala, convertendo en fin o que era un medio, ata revestila da fastuosidade do poder. Pasando por unha exculturización, normativización, complicación que foron alonxando, enturbiando e empobrecendo a linguaxe coa que lle falamos a Deus, ata o punto de mecanizar a liturxia.

Ben sendo hora de repensar a liturxia. De renovar a liturxia. De humanizar a liturxia. De cotidiniazar a liturxia. A liturxia – parafraseando a Salvatore Quasimodo – ten que ser dun tempo e dun lugar; ten que enrraizar nunha realidade, nunha cultura, nunha xente, pois do contrario resultará – e resulta - alienante. Non debemos ter medo de Deus. Relacionémonos con el con normalidade: é o noso Pai. Non temos que agocharnos detrás de signos e ritos. Se os usamos, que sexan vivos, que sexan nosos.

Non precisamos aprender unha linguaxe para falar con Deus, porque Deus usa a nosa linguaxe!



viernes, 25 de septiembre de 2009

A Igrexa adúltera

Daquela, entre varios homes e mulleres, levaron diante de Xesús a un cardeal, e dicían:
"Mestre, atopamos a éste codiciando poderes, atesourando riquezas, impoñendo ritos e normas morais, desprezando aos pobres, desdeñando aos perseguidos, indiferente ás inxustizas do mundo; esta non é a Igrexa que queremos" - e levaban pedras na man para tirarllas.
Xesús, que escribía cun garabullo no chan, levantou a cabeza e dixo sereamente:
"Quen de vos non teña culpa en como anda esta Igrexa, que lle tire a primeira pedra".
Entón recuaron e, un a un, foron liscando, pois todos sabían das súas debilidades.
Xesús mirou para o cardeal, de xeonllos no chan, vestido de púrpura e cun enorme crucifixo dourado no peito, e lle dixo:
"¿Onde están os que te acusaban?"
"Todos marcharon, mestre" - respostou o cardeal.
E Xesús dixo: "Pois tampouco eu te acuso. Vai, e non peques máis".

viernes, 18 de septiembre de 2009

Mulleres de Deus

Unha reportaxe interesante na que as mulleres teñen a palabra.

Repor- Mujeres de Dios


jueves, 17 de septiembre de 2009

Alternativa á relixión?


Menuda decisión. O pícaro comeza a súa vida escolar, tres anos recén feitos, e vémonos elexindo entre a asignatura de relixión e unha imprecisa "alternativa á relixión". Esto nos obriga a posicionarnos sobre un tema que sempre discutimos desde unha cómoda terceira persoa.
No noso entorno, que os pais crentes apunten aos seus fillos na asignatura de relixión é un feito indiscutible. Incluso os non crentes o fan maioritariamente.
En tempos, lembro, na parroquia existía un grupo especial para os que daban ética no instituto. E logo fíxouse a obligatoriedade de apuntarse a relixión na escola para asistir á catequese. "Por coherencia" é o argumento. O pasado domingo, un sacerdote ao que teño en gran estima defendía a asignatura desde o púlpito, "porque os cristiáns debemos coñecer a nosa historia". Ademáis, suman uns cantos os amigos que son, ou foron, mestres de relixión. Todo esto pesa á hora de elixir.
É certo que na nosa vida de cristiáns, a nosa liberdade vese acurralada ás veces por condicionantes de diversa índole. A loita pola coherencia de vida é unha loita diaria. O que máis custa é cando esa loita se fai fronte á nosa propia Igrexa.
Nos sentamos un intre. ¿Que facemos?
A nosa idea é que non. Que a escola pública non é lugar para unha asignatura de relixión católica. Porque é pública, e polo tanto aconfesional e para todos. Cremos que aos pícaros debemos educalos na fe na casa e nas comunidades parroquiais. Para a historia, hai unha asignatura de historia. Para a fe, hai comunidades de crentes.
¡De cantas cousas se ten que espir a nosa Igrexa! Dalgún xeito, manter unha asignatura de relixión católica na escola pública nos parece manter á relixión nese estatus de idiosincrasia cultural que tanto dano fai ás veces ao evanxeo de Xesús.
¿Coherencia?. Marcamos "alternativa á relixión".